
Os pasados 17 e 18 de setembro de 2007 celebrouse en Barcelona un encontro que, organizado pola Asociación para as Nacións Unidas en España (ANUE), reuniu a representantes do Igadi, o Centro Unesco de Euskal Herria (Unesco Etxea) e da Asociación Deporte, Desarrollo y Paz. En esta ocasión, o Igadi, que desde febreiro do 2003 se encarga de difundir os contidos propios de ANUE en Galicia, foi representado pola súa vicedirectora, Virxinia Romero.
A xuntanza serviu para comezar a deseñar as liñas mestras de actuación para o vindeiro exercicio, ademais de para coñecer as principais actividades que ANUE vai desenvolver en 2008, entre as que sobresaen as relativas á celebración do 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos.
Destaca tamén a presenza no encontro de Josep Maria Canyelles, especialista en materia de RS (Responsabilidade Social) e máis concretamente no campo da Responsabilidade Social dos Territorios (TSR) tema de interese común que se traballará conxuntamente nun futuro próximo.
Font
0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada